top of page
  • redes34

Explotacións máis sustentables: un esforzo conxunto de sector e administracións



Os obxectivos da  sostibilidade social nas explotacións agrarias poden afrontarse dende dous ámbitos:


Ámbito privado (acción individual i/ou colectiva): No que os obxectivos serán asegurar o benestar individual e familiar a través dalgunhas das seguintes estratexias:


  • Aumento dos niveis de formación

  • Mellora das condicións de traballo nas explotacións agrarias

  • Trazabilidade das producións agrarias e control da calidade


Ámbito público (acción política dos poderes públicos): No que o obxectivo e manter a actividade agraria no territorio, asegurar o equilibrio e a cohesión territorial e asegurar o benestar presente e futuro da poboación rural. Algunha das estratexias contempladas para a consecución dos citados obxectivos son as seguintes:


  • Reversión do proceso de despoboamento rural

  • Extensión da banda ancha das comunicacións

  • Fortalecemento da rede eléctrica

  • Redución da fenda rural/urbano en canto ós servizos públicos

  • Control do cumprimento da normativa laboral nas explotacións agrarias

  • Impulso do relevo xeracional con programas integrais (económicos, educativos, fiscais, xurídicos...)

  • Apoio á incorporación da muller á actividade agraria e á titularidade das explotacións.

3 visualizaciones0 comentarios
bottom of page