top of page
Alimentación del Niño Becerro

Xornadas "O sector lácteo e a produción de leite de calidade"

Ao longo do ano 2023 desenvolveremos na provincia da Coruña unha serie de Xornadas formativas dirixidas a todas as persoas interesadas no sector lácteo e na produción de leite de calidade e os seus derivados.

 

O futuro do rural galego depende en boa parte do sector do leite. Por iso é de vital importancia fomentar a produción de leite de calidade e a súa produción sostible de xeito que axude á redución de custos de produción, ofrecer formación e asesoramento a gandeiros para que implementen novas prácticas e darlles a coñecer novos modelos de vangarda, e de forma xeral, realizar actividades que reúnan aos integrantes do sector para mantelo vivo e dinámico.

Obxectivos
  • Divulgar a situación actual do sector lácteo, as súas previsións de futuro e o seu posicionamento no mercado de consumo.

  • Fomentar a produción de Leite de calidade nas explotacións gandeiras da provincia.

  • Fomentar a innovación tecnolóxica nas explotacións e dar a coñecer os novos modelos de análise de produción de leite e benestar animal.

  • Divulgar os novos modelos e tendencias actuais de consumo e venda

Destinatarios:

Gandeiros e gandeiras produtores de leite da provincia da Coruña, así como tamén todas aquelas persoas interesadas en incorporarse á actividade gandeira.

pastilla Xornadas Leite 2024.jpg
cartel Xornadas Leite 2024.jpg
bottom of page