top of page
vaca
Ganado en la salida del sol

A EVOLUCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS: XESTIÓN DIXITAL E ENERXÍA INTELIXENTE

dep pontevedra.png
ULEGA.jpg

INTRODUCIÓN

LOGO PROXECTO.png

O proxecto “O Futuro das Explotacións Gandeiras: Xestión Dixital e Enerxía Intelixente”, promovido por Unión Leiteira Galega (ULEGA) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, nace coa finalidade de impulsar a modernización sostible do sector gandeiro galego a través da dixitalización e da eficiencia enerxética.

Nun contexto no que as explotacións afrontan novos retos económicos, ambientais e tecnolóxicos, esta iniciativa pretende converter as granxas en auténticos nodos rurais de innovación e sostibilidade, apostando por un modelo produtivo máis eficiente, conectado e respectuoso co medio ambiente.

OBXECTIVO

Dotar ás explotacións gandeiras da provincia de Pontevedra de ferramentas prácticas para mellorar a súa xestión operativa e avanzar cara un funcionamento máis autónomo e eficiente.

Orzamento: 19.220,00 euros

objetivo.png
ganadería.png

DESTINATARIOS/AS

Agricultores e gandeiros en activo da provincia de Pontevedra así coma outras persoas vinculadas ao medio rural.

xx.png

LIÑAS DE ACTUACIÓN

O proxecto conta con dúas grandes liñas de actuación:

  • Impulsar a mellora da organización e do seguimento técnico nas explotacións.

  • Reforzar a autonomía na xestión dixital do sector gandeiro.

ACTIVIDADES FORMATIVAS

​As actividades formativas a realizar xiran en torno a catro temáticas:

  • Planificación operativa e xestión integrada da actividade gandeira.

  • Mellora do rendemento e eficiencia productiva en contextos de cambio.

  • Vixilancia técnica e control funcional dos procesos productivos.

  • competencias dixitais aplicadas á autonomía na xestión agraria.

cartoon-flat-style-drawing-young-couple-farmers-shoveled-the-soil-with-plants-using-shovel
ubi.png

 

 

  • A Estrada (Rúa Waldo Álvarez Insua, s/n. Edificio Novo Mercado, 1º).

  • Cambados (Travesía Os Píos, 5-baixo B).

  • Lalín (Rúa Ramón Aller, 67-Baixo Edificio Tirabeque).

  • Rodeiro (Estrada Xeral 11-Baixo).

  • Silleda (Avda. Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia, 17 Edificio Extensión Agraria).

Teléfono de contacto: 981 52 43 29

PUNTOS DE ASESORAMENTO

Consulta o noso blog para máis información e estar o tanto das novidades ambientais, tecnolóxicas e socias das explotacións galegas!
bottom of page