top of page

Quen somos

Comedor rural

Unión Leiteira Galega (ULEGA) é unha asociación de ámbito estatal constituída en xuño de 2011 por produtores de leite de vaca. 

ULEGA foi a primeira Organización de Produtores de Leite recoñecida en toda España en abril de 2012. É unha OPL “non comercializadora”, é dicir, negocia o prezo do leite sen transferencia da súa propiedade.

Os seus estatutos establecen que o seu obxectivo é a concentración da oferta da produción dos socios produtores que a integran e a comercialización da produción dos seus membros, cumprindo as seguintes finalidades:

a)    Adecuar a produción á demanda, no referente á calidade e á cantidade.

b)    Optimizar os custos de produción.

c) Promover, participar na elaboración e o desenvolvemento de contratos tipo e de compravenda de leite compatibles coas lexislacións estatais e comunitaria.

d)  Exercer, no seu caso, funcións relativas ás relacións contractuais no sector lácteo conforme ao establecido no dereito estatal e da Unión Europea.

e) Alcanzar acordos, decisións e prácticas concertadas, nas condicións establecidas legalmente.

 

Órganos de dirección

Para favorecer a participación de todos os membros de ULEGA na toma de decisións os estatutos establecen distintos órganos:

  • As Xuntas Territoriais: formadas por todos os socios dun territorio concreto. 

  • A Xunta Xeral: formada por todos os socios representados a través do Presidente e de 3 membros de cada Xunta Territorial. Os acordos da Xunta Xeral tomaranse por maioría de votos en función do volume de leite que represente cada territorio.

  • A Xunta Directiva: formada polos Presidentes das Xuntas Territoriais e un Presidente.

  • O Presidente.

 

 

Estrutura territorial de ULEGA

ULEGA está dividida en 12 unidades territoriais.

  • Provincia da Coruña,  6 unidades territoriais: Arzúa, Melide, Barcala - Xallas, Noia, Barbanza e O Sar, Bergantiños, Interior de A Coruña e Soneira e Fisterra.

  • Provincia de Lugo, 4 unidades territoriais: Chantada, Terra de Lemos, A Ulloa e Quiroga, Lugo, Os Ancares, A Fonsagrada e Meira, Sarria e Terra Chá e A Mariña.

  • Provincia de Ourense, 1 unidade territorial: Todos os municipios da provincia.

  • Provincia de Pontevedra, 1 unidade territorial: Todos os municipios da provincia.

Únete a nós!

O procedemento de adhesión a ULEGA é o seguinte:

1. Verificar que se cumpren os seguintes requisitos:

  • Ser persoa física ou xurídica ou grupo de persoas físicas ou xurídicas, independentemente do réxime xurídico, que exerza a súa actividade na produción gandeira e que sexa titular dunha explotación gandeira dedicada á produción láctea destinada á venda Inscrita de conformidade co Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de xplotacións gandeiras, co tipo de subexplotación «reprodución para produción de leite» ou «mixta».

  • Non ser membro de máis dunha organización de produtores de leite da mesma especie, salvo que sexa titular de máis dunha explotación, conforme ao Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo.

  • Que pasara máis de 1 ano dende a data efectiva de baixa noutra OP á que se pertencera e na que non se cumprira o período mínimo de adhesión de dous anos.

 

2. Xuntar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI/NIF do titular da explotación.

  • Fotocopia do censo da explotación obtido da oficina agraria virtual.

  • Fotocopia do contrato de subministración de leite en vigor.

No caso de persoas xurídicas, ademais:

  • Fotocopia do DNI da persoa nomeada como representante.

  • Acordo de adhesión a ULEGA e nomeamento do representante. (Dispoñemos de modelos para SC, CB, SAT e SL)

 

3. Acudir a unha oficina de ULEGA para:

  • Asinar os formularios de declaracións, compromisos e mandato do produtor de leite en relación coa organización de produtores lácteos e autorización de comunicación de mandato a compradores.

 

Unha vez recibida a súa solicitude a Xunta Directiva decidirá a súa admisión e comunicará ao FOGGA a alta.

Os socios deben comunicar as variacións que se produzan na súa explotación a ULEGA para que esta informe ao FOGGA, segundo o establecido no artigo 21 do Real Decreto 95/2019.

jj 013.jpg
bottom of page