top of page
DSC_1387.JPG

Sistema avanzado de acopio

Introdución

A maior parte das explotacións gandeiras galegas cun grado medio/alto de mecanización de procesos (alimentación, muxidura, limpeza...), contan con escasos sistemas de reporte de datos de funcionamento global da explotación que lles permitan adoptar medidas de racionalización no uso de insumos (algúns deles de escaso valor monetario pero de alto valor ambiental, como é o uso da auga coma recurso ilimitado). a causa disto, moitas realizan unha xestión pouco eficiente dos recursos de que dispoñen e malgastan insumos e enerxía.

Hoxe en día, existen as tecnoloxías necesarias para medir todos os factores e variables que determinan os valores de saúde e benestar animal, calidade ambiental, produtividade das explotacións, eficiencia enerxética e racionalización de insumos nas explotacións gandeiras. sen embargo, a implantación destas tecnoloxías resulta moi custosa e complicada para a maior parte das explotacións gandeiras de Galicia.

O proxecto consiste no desenvolvemento dun “Sistema de Diagnóstico Integral Portable”, que evitando a inversión e complexidade que representa a instalación dun sistema de sensorización fixa, permita a instalación temporal dun equipo portátil e con tecnoloxía wireless para monitorizar integralmente unha explotación gandeira ao uso: cuadra, sala de ordeño, leitería, outras instalación anexas...obtendo en continuo parámetros e factores ambientais e de manexo clave da explotación. a partires desta monitorización emitir un informe de diagnóstico completo e detallado en relación a factores de comportamento ambiental, benestar animal, e eficiencia no uso de recursos, a partires do cal se poidan establecer medidas de mellora necesarias en todos os eidos.

Introdución

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Participantes

Beneficiarios:

  • Unión Leiteira Galega – ULEGA

  • Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

  • Praxia Soluciones Técnicas

Entidades colaboradoras:

El texto del párrafo (1).jpg
Axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, para o ano 2023.
  • Asociación Sectorial Láctea e Agrícola Galega – ASELAGA

  • Asociación Agrogandeira Ourensán

  • Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia – FADEMUR

  • Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – CIAM

  • Fundación Instituto Tecnológico de Galicia – ITG

  • Ganadería Bello S.C

  • A Roubada S.C

  • Casa Eiras S.C

  • Finca a Cheda

  • Casa Lorenso S.C

  • Alfonsín Neo S.C

Resumo do proxecto

No ano 2020 confinouse a media humanidade e os profesionais da agricultura e gandería convertéronse en esencias no proceso de subministro de alimentos básicos.

Unha pandemia, unha guerra e unha inflación galopante fixeron que os fertilizantes, os pensos de alimentación animal, os carburantes, a enerxía, e os fitosanitarios, etc. alcanzaran incrementos de prezos que non retroceden no 2023. A subida do prezo nas materias primas, especialmente a soia, colza e millo, está impactando directamente na economía das ganderías de vacún de leite, sobre todo cando non poden trasladar ese incremento dos costes ao prezo de venda dos seus produtos.

Segundo varios estudos unha das principais debilidades da produción de leite en Galicia é a dependencia do concentrado. Así, en España estase utilizando entre un 30 e un 40% mais de penso que países do noso entorno con producións similares. O sector agrario galego precisa mais superficie para poder alimentar á cabana gandeira do país a un custo razoable.

 

É por elo que Galicia necesita utilizar eficientemente os seus recursos propios para ter custes competitivos en calquera sistema de produción de leite. Os sistemas mais intensivos poden facer un alto uso de forraxes, prados e millo principalmente, con un baixo nivel de compra de suplementos, racionalizando o uso de concentrado na explotación.

Ata o de agora, o investimento dos gandeiros centrouse na adquisición de equipamento, maquinaria e tecnoloxía para as súas explotacións gandeiras. Con todo, descoidouse un aspecto crucial para a modernización e a eficiencia: o desenvolvemento de enxeñería de xestión dos recursos da explotación. É fundamental recoñecer que a optimización dos recursos, como a provisión de insumos, é vital para lograr unha produción láctea rendible e sostible a longo prazo.

Con Sitema Avanzado de Acopio, estamos a abrir un novo horizonte ao poñer énfase nesta área descoidada e ofrecer unha solución integral que permita aos gandeiros maximizar a utilización dos seus recursos a través dun revolucionario sistema para o acopio deseñado especificamente para explotacións gandeiras de leite. Un innovador software que combina tecnoloxías de vangarda con “business Intelligence”, para optimizar a provisión e potenciar a eficiencia na produción.

Sistema Avanzado de Acopio é unha ferramenta intelixente que calcula con precisión a cantidade de forraxe, pensos, fitosanitarios, fertilizantes, e insumos necesarios, para garantir unha produción láctea eficiente na explotación durante todo o ano. Coa ferramenta, os gandeiros terán acceso a un sistema baseado en datos, que toma en conta factores como o número de cabezas de gando, a localización e a climatoloxía, entre outros, brindando un plan anual de provisión personalizada, reducindo así o malgasto de alimentos.

Ao calcular e planificar de maneira precisa as necesidades de provisión reducirase a pegada ambiental contribuíndo á adaptación ó cambio climático, e ao desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos. Mellorará a resposta do sector agrícola ás esixencias sociais en materia de alimentación e saúde, xa que fará un uso mais esixente das materias primas, reducindo así o desperdicio alimentario e obtendo unha produción de leite mais sustentable.

Este proxecto nace coa ambición da creación dunha nova era na produción láctea. A revolución Sistema Avanzado de Acopio pode transformar as explotación gandeiras de leite, brindando o apoio necesario para alcanzar o éxito nun mercado competitivo e en constante evolución.

Obxectivos
O proxecto "Sistema de Acopio Avanzado" ten como obxectivo xeral deseñar, desenvolver e implantar unha solución tecnolóxica innovadora e altamente eficiente para a xestión avanzada do acopio nas explotacións leiteiras.
IMG_5937.JPG

Obxectivo específico 1: 

Favorecer a transformación total nas explotacións leiteiras: búscase fundamentalmente optimizar o proceso de abastecemento, desenvolvendo unha ferramenta que calcule con precisión e antelación as necesidades de forraxes, pensos, fitosanitarios e fertilizantes necesarios para unha produción eficiente de leite durante todo o ano. Este obxectivo está dirixido a reducir os residuos e os custos innecesarios, maximizando a eficiencia da produción de leite.

Resultado

Creación e desenvolvemento dun software avanzado de axuda ao acopio, unha ferramenta tecnolóxica destinada a promover a transformación nas explotación leiteiras. Este software suporá un avance innovador ao favorecer unha xestión altamente eficiente e precisa dos insumos esenciais para a produción de leite.

O software, a través da integración de tecnoloxías de intelixencia empresarial e análise de datos, permitirá aos gandeiros calcular con antelación e precisión as necesidades de forraxe, pensos, fitosanitarios e fertilizantes necesarios para unha produción eficiente.

Obxectivo específico 2: 

Fomentar a resiliencia económica nun ambiente de crecente volatilidade dos prezos das materias primas. Mediante a identificación precisa dos insumos necesarios, este sistema permitirá aos agricultores adaptarse e planificar mellor ante as fluctuacións económicas, evitando perdas e mantendo a rendibilidade a longo prazo.

Resultado

Establecemento dunha resiliencia económica reforzada nas explotacións leiteiras mediante a implantación exitosa do software de acopio avanzado. Este logro representará unha resposta contundente á crecente volatilidade dos prezos das materias primas, facultando aos gandeiros para adaptarse e planificar estratexicamente de forma proactiva nun entorno económico fluctuante.

Outros obxectivos: 

  • Reducir a dependencia dos concentrados e pensos importados, promovendo un enfoque mais sostible e autónomo da produción láctea.

  • Contribuír á loita contra a emerxencia climática. Ao minimizar o exceso de insumos e mellorar a xestión dos recursos, reducirase a pegada ambiental das explotacións gandeiras, contribuíndo a unha produción láctea mais sostible.

  • Promover o coñecemento e a adopción de prácticas modernas na produción láctea.

  • Por á disposición do sector tecnoloxías de vangarda para cubrir a fenda dixital na agricultura e na gandaría.

Outros resultados: 

  • Redución da dependencia de insumos externos e menor vulnerabilidade ás flutuacións dos mercados internacionais.

  • Mellora da xestión dos recursos e contribución á saúde xeral do medio agrícola e gandeiro.

  • Redución do desperdicio de recursos e diminución do impacto ambiental.

  • Mellora da xestión da pegada ambiental e promoción de prácticas agrícolas máis sostibles.

  • Desenvolvemento de coñecementos e habilidades e mellora da capacidade das explotacións para adoptar tecnoloxías modernas e innovadoras.

  • Mellora da competitividade das gandarías aproveitando ao máximo a tecnoloxía e as solucións intelixentes para a xestión dos recursos.

  • Contribución á seguridade alimentaria garantindo un abastecemento máis estable e sostible de produtos lácteos.

  • Promoción de colaboracións promovendo economías de escala e reforzando aínda máis a resiliencia das explotacións.

  • Fomento da Innovación Sectorial motivando a incorporación de máis tecnoloxías e enfoques innovadores no sector agrícola e gandeiro.

Actividades do proxecto
  • Fase de campo

  • Creación dunha base de datos de referencia

  • Desenvolvemento conceptual da ferramenta

  • Desenvolvemento técnico da ferramenta

  • Validación da ferramenta

  • Plan de comunicación e difusión

bottom of page