top of page

Índices

_MG_4486.jpg

O Real Decreto 95/2019 establece no apartado 2 do artigo 5 que no caso de que no contrato se estableza un prezo variable, este deberá calcularse combinando varios factores especificados no mesmo, que poden incluír indicadores de mercado que reflictan os cambios nas condicións do mercado, o volume fornecido e/ou a calidade ou composición do leite cru fornecido.

Os parámetros aos que sexa referenciado o prezo serán obxectivos, verificables, facilmente identificables e reproducibles polas partes, non manipulables e procederán de fontes públicas e accesibles, que deberán ser tamén especificadas no contrato.

 

A interprofesional láctea (INLAC) publica mensualmente a evolución de catro índices ou modelos de referenciación de prezos do leite elaborados por entidades independentes co obxectivo de aportar transparencia á negociación entre os axentes do sector lácteo:

  • A

O índice A de leite de vaca ponderado Base 4 T 2009 = 100, calcúlase a través da seguinte ecuación:

Índice A = (Índice IPC leite  desnatado x 0,38) + (Índice 5 Estados Membros x 0,20) + (Índice pensos vacas leite x 0,20) + (Índice cotización materia graxa  x 0,12) + (Índice cotización de queixos x 0,10).

Co fin de evitar hipotéticas desviacións do modelo sobre os prezos pagados noutros países da contorna económica, o índice A ponderado acoutase nunha franxa do +/- 5% sobre o índice Prezo de Leite 5 Estados Membros. Deste xeito, se A ponderado é:

  • > índice leite 5 Estados Membros x 1,05 → A = índice leite 5 Estados Membros x 1,05

  • <  índice leite 5 Estados Membros x 0,95 → A = índice leite 5 Estados Membros x 0,95

  • índice leite 5 Estados Membros x 0,95 < A < índice leite 5 Estados Membros x 1,05 → A = A ponderado

  • A1:

O índice A1 de leite de vaca ponderado Base 1 T 2011 = 100, calcúlase a través da seguinte ecuación:

Índice A1 = (Índice IPC leite desnatado x  0,38) + (Índice 5 Estados Membros x 0,20) + (Índice pensos vacas leite x 0,20) + (Índice cotización materia graxa x  0,12) + (Índice cotización de queixos x 0,10).

 

Co fin de evitar hipotéticas desviacións do modelo sobre os prezos pagados noutros países da contorna económica, o índice A1 ponderado acoutase nunha franxa do +/- 5% sobre o índice Prezo de Leite 5 Estados Membros. Deste xeito, se A1 ponderado é:

  • > índice leite 5 Estados Membros x 1,05 → A1 = índice leite 5 Estados Membros x 1,05

  • <  índice leite 5 Estados Membros x 0,95 → A1 = índice leite 5 Estados Membros x 0,95

  • índice leite 5 Estados Membros x 0,95 < A1 < índice leite 5 Estados Membros x 1,05 → A1 = A1 ponderado

  • A2:

O índice A2 de leite de vaca Base 2016 = 100, calcúlase a través da seguinte ecuación:

Índice A2 = (Índice  IPRI-fabricación produtos lácteos  x 0,25) + (Índice 5 Estados membro x ·0,19) + (Índice pensos vacas leite x·0,19) + (Índice prezo materia graxa x·0,19) + (Índice prezo de queixos  x·0,11) + (Índice prezo leite desnatado en po x·0,07)

  • A3: unha variante do anterior.

Ten a mesma metodoloxía de cálculo que o A2 , cos valores dos indicadores ponderados en base 2016=100,  pero é ponderado e acoutado aplicando o túnel de competitividade  (+/- 5% do indicador 5 EM)

  • B

O índice B é un modelo de indexación baseado no seguimento a posteriori das variacións de prezos do leite cru pago aos gandeiros en Francia, país que é o segundo produtor de leite en Europa e o primeiro exportador de leite e produtos lácteos cara a España.Para obter o valor do índice B pártese do prezo estandarizado do leite ao longo do tempo: prezo por 100 litros de leite normalizado a 38 gr de Materia Graxa e 32  gr de Materia Proteica por litro publicado mensualmente por France Agrimer.

  • C

O índice C  é un modelo de indexación baseado no seguimento a posteriori das variacións de prezos do leite cru pago aos gandeiros en Alemaña, país que é o primeiro produtor de leite en Europa e o segundo exportador de leite e produtos lácteos cara a España. Para obter o valor do índice  C pártese do prezo estandarizado do leite ao longo do tempo: prezo por 100 litros de leite normalizado a 40 gr de Materia Graxa e 34 gr de Materia Proteica por litro publicado mensualmente por  ZMB.  

Outros índices:

  • Xacobea: é unha ferramenta deseñada pola Consellería do Medio Rural para a referenciación no contrato do prezo do leite de vaca. Está  baseada nun algoritmo matemático que calcula o prezo do leite en función duns parámetros a seleccionar na propia ferramenta e na evolución das cotizacións no mercado europeo dos dous produtos industriais que maior correlación estatística manteñen co leite cru pagado en España/Galicia, a manteiga e o leite en po desnatado. Ademais, permite ao usuario a opción de modular estes prezos en función das evolucións dos custos de produción do leite.

bottom of page