top of page
Ligal_Carrusel_22.jpeg

Desenvolvemento de Modelos de Granxas Respetuosas co Medioambiente

Introdución

A maior parte das explotacións gandeiras galegas cun grado medio/alto de mecanización de procesos (alimentación, muxidura, limpeza...), contan con escasos sistemas de reporte de datos de funcionamento global da explotación que lles permitan adoptar medidas de racionalización no uso de insumos (algúns deles de escaso valor monetario pero de alto valor ambiental, como é o uso da auga coma recurso ilimitado). a causa disto, moitas realizan unha xestión pouco eficiente dos recursos de que dispoñen e malgastan insumos e enerxía.

Hoxe en día, existen as tecnoloxías necesarias para medir todos os factores e variables que determinan os valores de saúde e benestar animal, calidade ambiental, produtividade das explotacións, eficiencia enerxética e racionalización de insumos nas explotacións gandeiras. sen embargo, a implantación destas tecnoloxías resulta moi custosa e complicada para a maior parte das explotacións gandeiras de Galicia.

O proxecto consiste no desenvolvemento dun “Sistema de Diagnóstico Integral Portable”, que evitando a inversión e complexidade que representa a instalación dun sistema de sensorización fixa, permita a instalación temporal dun equipo portátil e con tecnoloxía wireless para monitorizar integralmente unha explotación gandeira ao uso: cuadra, sala de ordeño, leitería, outras instalación anexas...obtendo en continuo parámetros e factores ambientais e de manexo clave da explotación. a partires desta monitorización emitir un informe de diagnóstico completo e detallado en relación a factores de comportamento ambiental, benestar animal, e eficiencia no uso de recursos, a partires do cal se poidan establecer medidas de mellora necesarias en todos os eidos.

Introdución

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Introdución

Unión Leiteira Galega (Ulega), a través dun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, está a desenvolver un programa formativo-divulgativo que ten como obxecto o desenvolvemento de modelos de granxas respectuosas co medio ambiente na provincia de Pontevedra, cuxo obxectivo é proveer de estratexias válidas ás gandeiras e gandeiros da provincia de Pontevedra para conseguir unha transición cara granxas mais respectuosas co medio ambiente, que sexan rendibles económica e socialmente, ademais de respectar o benestar animal dos animais da granxa.

Deseño_sen_nome__4_-removebg-preview.png
Obxectivos
124160.png

Os obxectivos específicos  do proxecto é sensibilizar as persoas que traballan no sector do vacún de leite da posibilidade de xestionar unha explotación que sexa á vez rendible e respectuosa social e medioambientalmente, e informar a través de casos de éxito ou novos estudos piloto de posibles estratexias para adaptar as explotacións ás novas esixencia tanto sociais como lexislativas.

straw-role-3537485_1920.jpg

ACTIVIDADES
do proxecto

Divulgación

8019150.png

 

O plan de divulgación ten como obxectivo que toda a poboación da provincia de Pontevedra, vencellada ou non ao sector, poida ter coñecemento do proxecto e de todas as actividades que se van a realizar a través do mesmo. Para iso:

  • Habilitarase un espazo na páxina web de ULEGA onde figurará toda a información onde figure a descrición do proxecto, actividades que se van a desenvolver, puntos de asesoramento, etc.

  • Publicacións periódicas en redes sociais co obxectivo de ter informada á cidadanía sobre o desenvolvemento do proxecto.

  • Publicacións periódicas a través dun blog creado especificamente para o proxecto, no que se publicarán experiencias e datos de interese sobre o desenvolvemento de granxas que estean a empregar prácticas respectuosas co medio ambiente.

Formación

9552467.png
  • Calidade e sostibilidade económica: Este curso tratará sobre as organizacións agrarias sustentables que deben ter moi ben integrado a obtención de beneficios económicos sen prexudicar ás xeracións futuras.

  • Sustentabilidadade ambiental: Versará sobre as boas prácticas nas granxas sostibles en contraposición coas granxas convencionais.

  • ​Sustentabilidade social: Centrarase na alfabetización dixital no sector dentro do rural.

  • ​Benestar animal: Versará sobre o correcto manexo dos animais nas gandarías e como iso inflúe no produto final.

Teléfono​: 981 52 43 29

E-mail de contacto:​ oplulega@gmail.com

Asesoramento

7600096.png

Asesoramento presencial aos propietarios e propietarias de granxas de vacún de leite pertencentes ao provincia de Pontevedra, a través de 5 puntos físicos nas oficinas que ULEGA posúe na provincia, e, para unha maior facilidade e axilidade, implantarase un punto virtual que resolverá dúbidas a través da web, mail e teléfono.

Puntos de asesoramento

Obxectivo

Asesorar a poboación interesada no proxecto da provincia de Pontevedra sobre o Desenvolvemento de modelos de granxas respectuosas co medio ambiente na provincia de Pontevedra

Metodoloxía

As asesorías serán realizadas por técnicos especializados na materia, de modo individual e personalizado para aqueles interesados que así o soliciten de forma totalmente gratuíta.

Modalidade

Presencial

Nas oficinas de ULEGA da provincia de Pontevedra:

  • A Estrada - Rúa Waldo Álvarez Insua, s/n. Edificio Novo Mercado, 1º.

  • Cambados - Travesía Os Píos, 5-baixo B.

  • Lalín - Rúa Ramón Aller, 67-Baixo Edificio Tirabeque

  • Rodeiro - Estrada Xeral 11-Baixo

  • Silleda – Avda. Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia, 17 Edificio Extensión Agraria

 

Telefónica

981 52 43 29

Vía e-mail

oplulega@gmail.com

R/ Doutor Maceira nº 13 – Baixo

15706 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Tel: 981 530 500

ulega@ulega.org

  • Facebook icono social

© 2019 feito por B.R.F. 

bottom of page