top of page
  • redes34

As granxas como motor da sostibilidade social e o benestar no rural galego




No marco actual os aspectos sociais pasaron a ter un papel determinante na sostibilidade das explotacións e a súa valoración e incorporación ós programas de xestión admítese como importante para o futuro do sector. O que require un esforzo continuo de todas as partes implicadas (gandeiros, técnicos e investigadores) para identificar os factores condicionantes da sostibilidade social nas explotacións tendo en conta as peculiaridade de cada sistema de produción e seleccionar os indicadores mais adecuados que permitan a súa cuantificación, e poder aplicar así estratexias de mellora. Os indicadores como ferramenta de axuda na toma de decisións, permiten medir como funciona no tempo unha estratexia o la comparación entre explotacións ou sistemas de produción. Así teremos:


  • Aqueles relacionados co benestar do gandeiro: características e xeración de emprego, o traballo da muller así como a calidade de vida e do traballo na explotación.

  • Aqueles relacionados coas demandas da sociedade: a valoración do entorno, a calidade dos produtos, o acercamento aos consumidores e o benestar animal.

  • Os indicadores deben ser sinxelos, baratos, fáciles de obter e repetibles.


Un exemplo de posibles indicadores utilizados para o análise das características de emprego son a profesionalidade, a educación, a idade do titular, a continuidade na explotación, a man de obra familiar e a pertenza a agrupacións.


Para a valoración da xeración de emprego considérase a ocupación do territorio en sistemas extensivos, ou as UTA/explotación para o conxunto de sistemas así como a demanda dos produtos obtidos na explotación (kg de consumo /anual) e o traballo necesario para producilos (kg produto/UTH).


Para valorar o traballo da muller téñense en conta indicadores que nos permiten medir o índice de feminización, a situación xurídica laboral da muller, a participación en actividades de formación e a valoración da consideración da súa opinión e decisións en aspectos técnico-produtivos.


A calidade de traballo nas explotacións cuantifícase mediante indicadores que valoran a autonomía (en la adquisición e uso de insumos, na técnica e modos de produción e na comercialización de produtos).


Na puntuación da calidade de vida empréganse indicadores nos que se valora a dispoñibilidade de tempo libre, a participación en actividades de formación, etc.

3 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page