top of page
  • redes34

Welfare Quality: o nacemento da conciencia colectiva sobre benestar animal no sector produtor

  1. O benestar animal non depende dun só indicador, senón da combinación de indicadores moi diversos que deben complementarse entre eles para acabar sacando unha idea xeral de como está un animal.

  2. As medidas baseadas no animal deben priorizarse sobre as das instalacións. Hai que fixarse mais en como están os animais e complementalo con medidas baseadas nos sistemas de aloxamento que se van a utilizar.

  3. O benestar animal baséase en asegurar unha boa alimentación, un bo aloxamento , unha boa saúde e un comportamento apropiado.

Estes son os tres puntos nos que pode resumirse a filosofía do Welfare Quality: un dos proxectos máis ambiciosos relacionados co benestar animal realizados no campo impulsado e financiado pola Unión Europea.





Un dos obxectivos principais do Welfare Quality era crear uns protocolos capaces de avaliar de maneira certeira o grao benestar dos animais destinados a produción tanto nas granxas como nos matadoiros. Uns protocolos que, neste caso, centráronse só en vacún, porcino e aves de curral.


Porén, a creación do Welfare Quality foi máis aló da creación destes protocolos, pois significou a creeación e a implantación no imaxinario colectivo dunha filosofía e unha concienciación relacionada coas condicións de vida, o manexo e, en definitiva, o grao de benestar que é necesario garantir ao longo da vida dos animais destinados á produción de alimentos.



12 visualizaciones0 comentarios

Kommentare


bottom of page