top of page
  • redes34

Benestar animal no transporte, sabes como cumprir cos requerimentos?




O transporte de animais constitúe unha parte fundamental da produción gandeira, que a súa vez pode causar estrés ou esgotamento para os animais, repercutindo negativamente no benestar dos mesmos. Un transporte inadecuado pode ademais chegar a producir unha perda da calidade da carne do animal unha vez sacrificado. Dado a súa importancia, dende 1977 a protección dos animais durante o transporte foi obxecto de regulación por parte da Unión Europea.


A normativa básica a nivel comunitario que regula actualmente este ámbito é o “Reglamento (CE) nº 1/2005 del Consejo, de 22 de diciembre de 2004, relativo a la protección de los animales durante el transporte y las operaciones conexas”.


A nivel nacional, o “Real Decreto 990/2022, de 29 de noviembre, sobre normas de sanidad y protección animal durante el transporte establece las disposiciones normativas que afectan al transporte de animales vivos en materia de bienestar y sanidad animal”.


O Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a Agencia Española de Consumo, Seguridad Alimentaria y Nutrición e as comunidades autónomas acordaron un documento xeral sobre “criterios de aptitude para o transporte” así como unha serie de procedementos normalizados de traballo (PNTs) que recollen as actuacións a seguir por todos os axentes implicados no transporte de animais a matadoiro.

8 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page