top of page
  • redes34

Benestar animal no sacrificio



Dende o punto de vista do benestar animal, o proceso da matanza e o manexo asociado é un dos puntos máis críticos e o que máis preocupa á cidadanía. A normativa de aplicación que debe cumprirse nestas operacións é moi detallada, co obxectivo de que evitar todo o sufrimento posible aos animais no momento final da súa vida.


A protección dos animais no momento do sacrificio ou a matanza é unha cuestión de interese público que inflúe na actitude dos consumidores fronte os produtos agrícolas. A mellora da protección dos animais no momento do sacrificio contribúe a mellorar a calidade da carne e ten un efecto positivo indirecto na seguridade laboral nos matadoiros.


O apoio científico é imprescindible para conseguir estes obxectivos, polo que o “Panel específico de salud y bienestar animal de la Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria (EFSA)” publica opinións científicas a este respecto considerando os últimos avances técnicos e científicos.


Normativa vixente


O “Reguamento (CE) Nº 1099/2009” desenvolveuse a nivel nacional mediante o “Real Decreto 37/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan aspectos relativos á protección dos animais no momento da matanza”; no cal se establecen disposicións específicas de aplicación en España en relación coa formación do persoal, a matanza de emerxencia fóra do matadoiro e para consumo doméstico privado e a comercialización de produtos de equipamento de suxeición e atordamento entre outros.


En 2022 publicouse o “Real Decreto 695/2022, de 23 de agosto, por el que se establecen medidas para e control del bienestar de los animales en los mataderos mediante instalación de sistemas de videovigilancia”.

8 visualizaciones0 comentarios

댓글


bottom of page