top of page

O Futuro das Explotación Gandeiras, Xestión Dixital e Enerxía Intelixente: Planificar para avanzar: a clave dunha xestión gandeira eficiente

  • redes34
  • 29 ago
  • 2 Min. de lectura

ree
ree

29/08/2025

A organización e a planificación eficiente son hoxe dous piares fundamentais para garantir o futuro das explotacións gandeiras. Nun contexto de crecente complexidade, marcado pola variabilidade dos prezos, o aumento dos custos enerxéticos e a necesidade de cumprir cos novos obxectivos ambientais, planificar mellor significa producir mellor. As ferramentas dixitais permiten facer un seguimento constante da actividade, anticiparse a problemas e optimizar o uso dos recursos.


Neste marco, a Unión Leiteira Galega (ULEGA), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, pon en marcha o proxecto “O futuro das explotacións gandeiras: Xestión Dixital e Enerxía Intelixente”. O programa formativo e divulgativo aposta por capacitar ao sector gandeiro na adopción de sistemas de xestión intelixente que permitan mellorar a rendibilidade e reducir o impacto ambiental das granxas. Ademais, promove unha visión moderna da xestión agraria, baseada na recollida de datos, a planificación e a innovación como motores de cambio no rural galego.


A primeira liña de traballo centrarase na organización e planificación eficiente da actividade gandeira, incorporando conceptos como a programación de tarefas, o control de produción, a xestión de datos e a avaliación continua do rendemento. O obxectivo é dotar aos profesionais de ferramentas que lles permitan mellorar a produtividade e o equilibrio ambiental das súas explotacións, reducindo o tempo de xestión administrativa e mellorando a toma de decisións diarias.


Este programa contará con catro cursos formativos en modalidade online, distribuídos en seis edicións mensuais. A continuación, detallamos a programación:


  • Estratexias ambientais: Curso sobre boas prácticas nas granxas sostibles en comparación cas granxas convencionais, co obxectivo de reducir o impacto sobre o medioambiente.

  • Estratexias sociais: Formación en alfabetización dixital, dirixida a reducir a brecha entre granxas menos avanzadas tecnoloxicamente e promover a igualdade no sector gandeiro.

  • Estratexias económicas: Curso orientado á creación de empresas agrarias sostibles, que busquen beneficios económicos sen comprometer os recursos das futuras xeracións.

  • Estratexias de benestar animal: Formación sobre o manexo adecuado dos animais nas gandarías, garantindo o seu benestar físico e mental, e mellorando a calidade do produto final.


Para inscribirse nestes cursos de formación ou obter mais información, pode contactarnos a través do correo electrónico oplulega@gmail.com ou chamando ao número 981 52 43 29.

 
 
 

Comentarios


bottom of page