O Futuro das Explotación Gandeiras, Xestión Dixital e Enerxía Intelixente: Vixilancia técnica: mellora a eficiencia na túa granxa
- redes34
- 9 dic 2025
- 2 Min. de lectura


09/12/2025
A vixilancia técnica e o control funcional son ferramentas clave para garantir que os procesos produtivos das explotacións gandeiras funcionen de forma eficiente, sostible e responsable. Nun sector onde os pequenos desaxustes poden afectar directamente á produtividade, o benestar animal e os custos operativos, implantar rutinas de control sistemático permítelle á granxa anticiparse a problemas e mellorar a súa xestión día a día.
Como mellorar a eficiencia nas explotacións?
Control continuo dos procesos produtivos: A vixilancia técnica permite realizar un seguimento detallado das condicións ambientais, produtivas e sanitarias, permitindo detectar desviacións e aplicar medidas correctivas antes de que se conviñan en problemas graves.
Benestar animal garantido: A controlada temperatura, humidade, ventilación e iluminación das instalacións non só mellora o confort dos animais, senón que tamén se traduce nun mellor rendemento produtivo e unha maior saúde animal.
Optimización de recursos: Reducir perdas e mellorar a eficiencia nos recursos como a auga, o penso ou a enerxía, grazas ao uso de sensores e plataformas dixitais, axuda a mellorar os custos operativos e a sustentabilidade das explotacións.
A vixilancia técnica non ten por que ser un proceso complexo ou custoso. Senón que pode realizarse con tecnoloxías sinxelas e accesibles, como sensores para medir a temperatura, humidade ou o consumo de auga. Estas ferramentas, combinadas con aplicacións móbiles para rexistros automáticos, permiten unha xestión efectiva sen necesidade de sistemas avanzados.
Un dos principais beneficios da vixilancia técnica é a súa capacidade para mellorar a sustentabilidade. O control das condicións ambientais permite reducir o impacto das explotacións sobre o medio ambiente, diminuíndo o consumo de recursos e as emisións contaminantes.
O proxecto “A evolución das explotacións gandeiras: Ferramentas para a xestión operativa e dixital” continúa impulsando a formación especializada, orientada a mellorar a xestión das explotacións galegas. Con módulos específicos sobre vixilancia técnica, control funcional e tecnoloxías accesibles, os cursos proporcionan as ferramentas necesarias para avanzar cara unha granxa máis moderna, eficiente e sostible.
Para inscribirse nestes cursos de formación ou obter mais información, pode contactarnos a través do correo electrónico oplulega@gmail.com ou chamando ao número 981 52 43 29.





Comentarios