top of page

O Futuro das Explotación Gandeiras, Xestión Dixital e Enerxía Intelixente: Innovación para un futuro sostible o alcance de todos



05/11/2025

A mellora do rendemento e eficiencia dunha explotación agrogandeira non só se trata de reducir custos, senón de facer das explotacións máis resilientes ante os retos do futuro, como o cambio climático ou a escaseza de recursos. Para isto o curso aposta pola incorporación innovacións tecnolóxicas como ferramentas clave para mellorar a eficiencia e garantir a sustentabilidade das explotacións gandeiras galegas a longo prazo.


O curso ofrece orientacións sobre a adopción de prácticas innovadoras para xestionar a enerxía de forma intelixente, como a integración de enerxías renovables ou sistemas de autoconsumo, que axudan á transición cara a un modelo de produción máis verde e competitivo.


Para moitos pequenos gandeiros, a falta de recursos para realizar grandes investimentos en tecnoloxías pode ser un impedimento. Sen embargo, a mellora da eficiencia produtiva non require necesariamente grandes investimentos, senón un uso máis intelixente dos recursos dispoñibles. Neste sentido, o curso ofrece solucións tecnolóxicas accesibles e de baixo custo que non supoñen un gran desembolso inicial, como sensores económicos para monitorizar a saúde animal, a condición do solo e o consumo de recursos como a auga ou a enerxía. Estas ferramentas permiten mellorar a xestión sen comprometer as finanzas da explotación.


Por outra banda, para aqueles gandeiros que dispoñen de maior capacidade de inversión, tamén se presentan opcións de maior escala, como a automatización de procesos e a integración de solucións avanzadas de xestión enerxética e de recursos. A implementación de plataformas de monitorización avanzada e a instalación de sistemas de autoconsumo, como paneis solares ou tecnoloxías de enerxía renovable, pode optimizar a eficiencia a niveis superiores, reducindo custos a longo prazo e mellorando a competitividade das explotacións.


Desde Unión Leiteira Galega (ULEGA), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, este proxecto busca que as explotacións gandeiras da provincia, tanto grandes como pequenas, se modernicen, se adapten aos tempos actuais e se fortalezcan de cara aos retos futuros, combinando coñecemento, innovación e sostibilidade sen que isto signifique grandes investimentos económicos, adaptándose ás necesidades e posibilidades de cada gandeiro.


Para inscribirse nestes cursos de formación ou obter mais información, pode contactarnos a través do correo electrónico oplulega@gmail.com ou chamando ao número 981 52 43 29.

 
 
 

Comentarios


bottom of page