top of page

O Futuro das Explotación Gandeiras, Xestión Dixital e Enerxía Intelixente: Competencias dixitais: a chave para a xestión autónoma das granxas

  • redes34
  • 19 oct 2025
  • 2 Min. de lectura


20/10/2025

Na actualidade, a xestión eficiente dunha explotación gandeira ou agraria require de competencias dixitais que permitan aos titulares tomar control directo das tarefas administrativas, produtivas e sanitarias. Desde a tramitación de axudas ata o seguimento das condicións ambientais, a dixitalización converteuse nunha ferramenta esencial para mellorar a autonomía e eficiencia das granxas galegas.

Que beneficios aportan as competencias dixitais na xestión e operatividade das explotacións agrarias? 


  1. Autonomía administrativa: A dixitalización permite que as persoas gandeiras xestionen os trámites de forma directa, sen depender de intermediarios, o que aumenta a independencia e reduce a carga burocrática.


  2. Optimización de procesos produtivos: A recollida e análise de datos a través de ferramentas dixitais permite mellorar a planificación, tomar decisións máis precisas e reducir perdas.


  3. Seguridade e protección dos datos: A formación en ciberseguridade é crucial para protexer a información sensible da granxa, garantindo a confidencialidade e o cumprimento das normativas vixentes.


4.      Mellora da comunicación e coordinación: A dixitalización mellora a comunicación interna entre os membros da explotación, así como coas cooperativas, técnicos e administracións. Permite un intercambio máis rápido e seguro de datos e documentos, evitando erros e retrasos na xestión.


5.      Sostibilidade e eficiencia enerxética: A dixitalización permite monitorizar e optimizar o uso de recursos naturais, como a auga, a enerxía e os fertilizantes, o que contribúe á sustentabilidade ambiental das explotacións e á mellora da súa eficiencia enerxética.


O programa “O futuro das explotacións gandeiras: Xestión Dixital e Enerxía Intelixente” ofrece formación especializada para mellorar as competencias dixitais de gandeiros e gandeiras en Galicia. A formación abarca desde a tramitación electrónica e o uso das sedes electrónicas ata a xestión de documentos e datos na nube, pasando polo uso de aplicacións móbiles e sistemas de planificación para mellorar a eficiencia diaria.


Para inscribirse nestes cursos de formación ou obter mais información, pode contactarnos a través do correo electrónico oplulega@gmail.com ou chamando ao número 981 52 43 29.

 
 
 

Comentarios


bottom of page