top of page
redes34

A dixitalización no sector gandeiro



Ademais de aportar beneficios á produtividade, unha mellor eficiencia e unha posición competitiva no contexto europeo e internacional, a dixitalización tamén facilita o camiño para dotar ao sector gandeiro e agrícola de mellores bazas para situarse como un mercado sostible; algo primordial tendo en conta os retos inmediatos e futuros que o quecemento global pon sobre a mesa.


Segundo o II Plan de Acción 2021-2023 do executivo español da Estratexia de Dixitalización do Sector Agroalimentario e do Medio Rural, hai tres eixos fundamentais de partida sobre os que unificar e aplicar esforzos:


  1. Redución da fenda dixital.

  2. Fomento do uso de datos.

  3. Impulso do desenrolo empresarial e de novos modelos de negocio.

Estas e outras accións para fomentar a dixitalización contan cun apoio económico importante por parte do Goberno —17.986.846 € para 2022 e 15.112.570 € para 2023— pero, para que resulten plenamente efectivas son necesarias:


a) Unha infraestrutura de conectividade que permita a dixitalización sen cortes de sinal en todo o territorio.

b) Formación e actualización de competencias tecnolóxicas dos gandeiros.

c) Axudas económicas para introducir nas explotacións os dispositivos e as innovacións necesarias.

Unha investigación da Universidade de Santiago de Compostela destaca que as explotacións de vacún leiteiro galego máis sostibles son tamén as que presentan un maior grao de dixitalización. Por outra banda, alerta tamén de que existe un número importante de explotacións que nin as utilizan, nin as consideran prioritarias.


A dixitalización neste sector está comezando a experimentar con outro tipo de tecnoloxías mais disruptivas, como ferramentas que consisten no desenrolo dunha plataforma na nube a través de tecnoloxías facilitadoras como o big data ou a intelixencia artificial que servirá para procesar e almacenar todos os datos que se van xerando na actividade cotiá dunha granxa, como a actividade dos robots de muxido ou relativos a temperatura dos tanques, o nivel de residuo ou o transporte. E sobre esa información poderase actuar en consecuencia.

2 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page