A agricultura, ademais de cubrir as necesitades dos agricultores tamén sostén a sociedade no seu conxunto ao proporcionar varios servicios esenciais. A contribución da agricultura na sociedade consiste en proporcionar alimentos e outras materias primas esenciais para os cidadáns e de actuar como eixe vertebrador das comunidades rurais.
Para axudar á agricultura a responder as demandas da sociedade, a PAC aposta por unha produción de alimentos eficiente que ofreza o máximo rendemento para os agricultores, os consumidores e o medio ambiente, mediante:
· Transformación dos métodos de produción e os sistemas de xestión para reducir o uso de plaguicidas e fertilizantes e facer o mellor uso de solucións naturais, tecnolóxicas e dixitais.
· Medidas de apoio que reforcen as rentas agrarias e impulsen a competitividade.
· Financiación de medidas de información e promoción.
Para falar de agricultura sostible temos que falar dunha agricultura respectuosa co medioambiente, unha agricultura rendible e unha agricultura que xere externalidades sociais no territorio como boas condicións laborais.
A agricultura é o eixo principal das comunidades rurais. Estas comunidades enfrontan retos como o avellentamento demográfico, infraestruturas pouco desenroladas e falta de servizos e oportunidades de emprego.
E que pode facer a PAC?
A PAC favorece a resiliencia das comunidades rurais de varias maneiras:
· A política de desenvolvmento rural céntrase na inclusión social, creación de emprego e diversificación económica e desenrolo das infraestruturas rurais.
· Presta apoio adicional aos agricultores de zonas con limitacións específicas, naturais ou de outro tipo.
· A través do marco de seguimento e avaliación, a Comisión recompila indicadores socioeconómicos exhaustivos sobre as zonas rurais e propón solucións baseadas nos datos para resolver problemas sociais importantes como a despoboamento, a pobreza e o desemprego.
Comentários