top of page
Proxecto cofinanciado pola Deputación de Pontevedra



XUVENTUDE E RETO DEMOGRÁFICO · PROVINCIA DE PONTEVEDRA
RURAL EMERXE
Xuventude e novas narrativasen Pontevedra
A mocidade como protagonista dun rural conectado, innovador e con futuro. Un proxecto da Unión Leiteira Galega (ULEGA) para 2026.

·O PROXECTO·
UN RURAL CON OPORTUNIDADES PARA A MOCIDADE
O futuro do rural depende de que sexa un lugar atractivo para as novas xeracións. Rural Emerxe non busca «reter» a mocidade: quere que sexa protagonista da transformación do territorio, creando redes, iniciativas e referentes próximos.
DEREITO A PERMANECER: Vivir no rural non debe supoñer renunciar a oportunidades de traballo, formación, servizos, conectividade ou calidade de vida.

341
Explotacións gandeiras representadas por ULEGA
≈40 %
Das granxas que emprega o leite na Provincia
9 Concellos
Caldas, Terra de Montes e Deza e Tabeirós
·OBXECTIVOS· E· ACTUACIÓNS·
QUE QUEREMOS CONSEGUIR ?
· Construír unha nova narrativa rural — Contidos dixitais, relatos e formatos audiovisuais protagonizados pola propia mocidade.
· Fortalecer as redes da mocidade rural — Vínculos estables entre persoas novas de distintos concellos para compartir experiencias, recursos e oportunidades.
TERRITORIO EN REDE — Encontros «Entre xeracións» en tres concellos rurais: mocidade e persoas maiores comparten saberes, oficios e historias. A mocidade recolle os testemuños e transfórmaos en contidos dixitais.
A FALA · PÓDCAST — Catro episodios de arredor de 10 minutos con mozos e mozas que decidiron quedar, volver ou emprender no rural pontevedrés.
DIVULGACIÓN — Publicacións en redes sociais, boletín electrónico mensual, carteis, dípticos, folletos e este apartado web con todos os materiais.
OUTUBRO-DECEMBRO 2026
·TERRITORIO· EN· REDE·
ENCONTROS ENTRE XERACIÓNS
Mocidade e persoas maiores comparten coñecementos, experiencias e memoria do territorio. A mocidade prepara as preguntas e recolle os testemuños co acompañamento do equipo de ULEGA. As gravacións fanse sempre coa autorización previa das persoas participantes.

XUVENTUDE E RETO DEMOGRÁFICO · PROVINCIA DE PONTEVEDRA
·CONTACTO·
TES DÚBIDAS? PARTICIPA!
O equipo de ULEGA atende as túas consultas sobre os encontros, o pódcast e os materiais do proxecto.


bottom of page
