Na medida que o sector agrogandeiro se beneficie dos avances tecnolóxicos para modernizar infraestruturas e lograr unha produción mais eficaz, estará facilitando tamén a chegada de novas xeracións de agricultores, garantindo así o relevo xeracional.
Aínda hai poucos proxectos concretos de utilización de tecnoloxías como o Big Data para a recolección de datos sobre os produtos, o mercado, o estado dos solos e o clima, que permitan realizar predicións encamiñadas a aumentar a rendabilidade das explotacións agrogandeiras. Porén, contar coa capacidade de realizar prognósticos adaptados á situación real das explotacións permitirá adaptar os niveis de produción á demanda e minimizar custos e riscos.
No caso do sector agrícola e gandeiro, a predisposición é cara a modelos de consumo sostible baseados na optimización de recursos naturais, nun maior ciclo de vida dos produtos e na valorización de coprodutos e subprodutos.
Algunha das chaves para frear o despoboamento das zonas rurais consisten na mellora das condicións laborais dos traballadores das explotacións, así como no incremento do seu recoñecemento e valorización polos servizos sociais e ambientais que esta actividade presta ao conxunto da sociedade. Nese senso, é preciso ter en conta que a sostibilidade e a proxección de futuro das nosas granxas debe contemplar parámetros non só económicos, senón tamén sociais e medioambientais como poden ser o benestar dos animais, dos traballadores e a interacción entre ambos.
Eixos de actuación do PERTE agroalimentario
O PERTE (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) Agroalimentario formúlase como un conxunto de medidas para reforzar o desenvolvemento da cadea agroalimentaria e dotala das ferramentas necesarias para afrontar os retos medioambientais, dixitais, sociais e económicos.
O Proxecto Estratéxico Agroalimentario céntrase en tres eixos de actuación prioritarios:
1. Paquete de apoio específico para a industria agroalimentaria, co obxectivo de mellorar os seus procesos de produción, vinculados coa competitividade, sostibilidade e trazabilidade da produción de alimentos.
2. Medidas concretas para apoiar o proceso de adaptación dixital e que se estenda a todos os axentes que forman parte da súa cadea de valor (agricultores e gandeiros e as súas cooperativas, pequenas e medianas empresas de produción, transformación e comercialización).
3. Medidas específicas de apoio á innovación e á investigación para lograr un sector agroalimentario competitivo.
Comentários