top of page
  • redes34

A aposta da administración polo desenvolvemento rural e dixitalización





Outro dos retos que ten por diante o sector agroalimentario galego é lograr unha maior competitividade e dar forma a un sector sostible dende o punto de vista ambiental, pero tamén económico e social.


Por esta razón a Conferencia Sectorial de Agricultura acorda o reparto de mais de 145 millóns de euros para medidas de desenrolo rural e dixitalización.


A medida inclúe catro programas:


Inversións en sistemas de xestión de estercos en gandaría (27.750.896 €)


Transformación integral e modernización de invernadoiros (40.218.690,72 €).

Este programa inclúe inversións de tipo produtivo para a mellora estrutural e da eficiencia enerxética, como de tipo non produtivo para impulsar a transición cara modelos medioambientais mais sostibles.


Inversións en eficiencia enerxética i enerxías renovables (incluíndo biomasa e biogás) (8.345.378 €)


Este programa contempla acondicionamento e illamento de edificios e naves auxiliares das explotacións, os sistemas de climatización e ventilación e o consumo enerxético das explotacións.


En materia de economía circular inclúe inversións para a xestión, acopio e acondicionamento de biomasa de orixe agrícola e tamén as destinadas á valorización enerxética das dexeccións na gandaría.


Para favorecer o uso das enerxías renovables incentívase a substitución de sistemas de xeración de enerxía a partir de combustibles fósiles ou a instalación de sistemas de abastecemento con fontes renovables que presten apoio ás necesidades enerxéticas eléctricas e térmicas das explotacións e as súas instalacións.


Aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (26.443.788 €).

Este programa inclúe sistemas de xeolocalización e navegación por satélite, recollida de datos en tempo real mediante sensores e imaxes por satélite e aerotransportadas, sistemas de información xeográfica, cartografía, comunicación e conectividade.


O obxectivo destas axudas é mellorar a sostibilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario dende o punto de vista económico, medioambiental e social en explotacións agropecuarias, que executarán antes do segundo trimestre de 2026 proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables.

11 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page