top of page
redes34

O benestar animal: unha obriga e unha demanda das persoas consumidoras



Os consumidores téñeno claro: o Benestar Animal convertiuse nunha cuestión ética, un valor social cada vez máis esixido e incorporado á conciencia colectiva que marca pautas de consumo.


O Benestar Animal é actualmente un concepto moi ligado á sustentabilidade e involucra á totalidade do sector produtor, e tamén da cadea agroalimentaria.


Un estudo realizado con explotacións lácteas galegas conclúe que o 97,3 % aproban en benestar animal, de acordo coas directrices do sistema Welfare Quality, pero presentan moitos parámetros mellorables. O apartado peor valorado ten que ver co comportamento dos animais; é aceptable nos apartados de alimentación e saúde; e acada boa valoración respecto ás condicións das cortes. As mellores valoracións danse nos parámetros de facilidade de movemento e ausencia de sede. Mentres que a limpeza é un dos factores mellorables no relativo ás condicións das cortes.


A novativa de benestar animal ten experimentado cambios recentes, establecéndose novos valores no relativo á densidade máxima de animais nas granxas de vacún e novas condicións respecto da súa alimentación, acceso a auga, comedeiros e condicións ambientais.


Tamén se ten regulado a dispoñibilidade de material manipulable para os animais, co fin último de diminuír a necesidade de practicar o corte de colas dos porcos. As granxas existentes disporán de dous anos para realizar as adaptacións necesarias.


Co obxectivo de asegurar a mellora dos procesos internos das granxas, esténdese a obriga de dispoñer dun Plan de benestar animal a todas as explotacións a partir de certo tamaño. O veterinario da explotación será o encargado de elaborar este plan, adaptado a cada granxa, co que se estende o uso dunha ferramenta que xa existía nas granxas de porco intensivo e de avicultura. Neste caso, os titulares das granxas disporán de 4 anos para dispoñer de dito plan.



3 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Комментарии


bottom of page