A diversificación das granxas como estratexia para impulsar explotacións máis rendibles economicamente non se consolida en Galicia. Segundo a enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o número de granxas que en Galicia teñen unha actividade complementaria é de 1.196, pouco mais dun 1,5% das existentes na Comunidade. E o que fai a maior parte (498) é transformar as materias primas que producen. Nalgúns casos existen explotacións intensivas de vacún de leite que tamén fan produción integrada de porco ou polo (ao operaren con sociedades diferentes, esta diversificación de actividade no se reflicte nas estatísticas).
Algunha das razóns que poden estar detrás de estas baixas cifras de diversificación nas granxas galegas pode ser o descoñecemento de novos mercados aos que dirixir os seus produtos e o complicado aceso ás canles de comercialización. Outra das razóns pode ser as dificultades para encontrar man de obra no sector primario. Ademais dáse a circunstancia de que moitos titulares de explotacións descoñecen a onde deben acudir para obter asesoramento especializado para diversificar a actividade.
Comentários