A innovación é un elemento clave para mellorar a xestión e a rendibilidade das explotacións gandeiras, facelas máis eficientes e facilitar a súa capacidade de adaptación ante as esixencias climáticas.
A Xunta destina preto de 23 M€ para mellorar a sostibilidade económica e ambiental do sector agrario galego. Esta convocatoria está estruturada en catro liñas de axuda, todas elas co fin común de mellorar a sostibilidade económica e ambiental.
A primeira liña dedícase á mellora da xestión do esterco nas explotacións gandeiras dende o punto de vista medioambiental coa redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, das aportacións de nitratos agrarios dos acuíferos ou da contaminación das fontes e ríos polo vertido de puríns.
A liña dúas dedicada aos invernadoiros financia investimentos para a transformación integral e modernización dos invernadoiros existentes co obxectivo de mellorar a competitividade e a sostibilidade dos cultivos de invernadoiro.
A terceira liña está dedicada á mellora da eficiencia enerxética e aos investimentos en enerxías renovables para mellorar a súa sostibilidade mediante a redución do consumo de enerxía allea nas explotacións agrarias.
Por último, a cuarta liña resérvase para as inversións en agricultura e gandería de precisión e en tecnoloxías 4.0, co obxectivo de mellorar a seguridade alimentaria.
Comments