![Alimentación del Niño Becerro](https://static.wixstatic.com/media/caa27dd2c7d544cb837813918a071859.jpg/v1/fill/w_522,h_348,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/caa27dd2c7d544cb837813918a071859.jpg)
Xornadas "O sector lácteo e a produción de leite de calidade"
Ao longo do ano 2023 desenvolveremos na provincia da Coruña unha serie de Xornadas formativas dirixidas a todas as persoas interesadas no sector lácteo e na produción de leite de calidade e os seus derivados.
O futuro do rural galego depende en boa parte do sector do leite. Por iso é de vital importancia fomentar a produción de leite de calidade e a súa produción sostible de xeito que axude á redución de custos de produción, ofrecer formación e asesoramento a gandeiros para que implementen novas prácticas e darlles a coñecer novos modelos de vangarda, e de forma xeral, realizar actividades que reúnan aos integrantes do sector para mantelo vivo e dinámico.
Obxectivos
-
Divulgar a situación actual do sector lácteo, as súas previsións de futuro e o seu posicionamento no mercado de consumo.
-
Fomentar a produción de Leite de calidade nas explotacións gandeiras da provincia.
-
Fomentar a innovación tecnolóxica nas explotacións e dar a coñecer os novos modelos de análise de produción de leite e benestar animal.
-
Divulgar os novos modelos e tendencias actuais de consumo e venda
Destinatarios:
Gandeiros e gandeiras produtores de leite da provincia da Coruña, así como tamén todas aquelas persoas interesadas en incorporarse á actividade gandeira.
![pastilla ulega Xornadas Leite 2024.jpg](https://static.wixstatic.com/media/0b3463_7ce616c4668d455ea5756e024cd266b9~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_161,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/pastilla%20ulega%20Xornadas%20Leite%202024.jpg)