Modelos de Granxas Verdes na provincia de Pontevedra
Introdución
A maior parte das explotacións gandeiras galegas cun grado medio/alto de mecanización de procesos (alimentación, muxidura, limpeza...), contan con escasos sistemas de reporte de datos de funcionamento global da explotación que lles permitan adoptar medidas de racionalización no uso de insumos (algúns deles de escaso valor monetario pero de alto valor ambiental, como é o uso da auga coma recurso ilimitado). a causa disto, moitas realizan unha xestión pouco eficiente dos recursos de que dispoñen e malgastan insumos e enerxía.
Hoxe en día, existen as tecnoloxías necesarias para medir todos os factores e variables que determinan os valores de saúde e benestar animal, calidade ambiental, produtividade das explotacións, eficiencia enerxética e racionalización de insumos nas explotacións gandeiras. sen embargo, a implantación destas tecnoloxías resulta moi custosa e complicada para a maior parte das explotacións gandeiras de Galicia.
O proxecto consiste no desenvolvemento dun “Sistema de Diagnóstico Integral Portable”, que evitando a inversión e complexidade que representa a instalación dun sistema de sensorización fixa, permita a instalación temporal dun equipo portátil e con tecnoloxía wireless para monitorizar integralmente unha explotación gandeira ao uso: cuadra, sala de ordeño, leitería, outras instalación anexas...obtendo en continuo parámetros e factores ambientais e de manexo clave da explotación. a partires desta monitorización emitir un informe de diagnóstico completo e detallado en relación a factores de comportamento ambiental, benestar animal, e eficiencia no uso de recursos, a partires do cal se poidan establecer medidas de mellora necesarias en todos os eidos.
Introdución
Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.
Introdución
Unión Leiteira Galega (Ulega), a través dun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, está a desenvolver un programa formativo-divulgativo que ten como obxecto o fomento de modelos sostibles de produción de alimentos que contribúan ao impulso ecolóxico da sociedade e a economía, así como a sensibilizar as gandeiras e gandeiros e á poboación en xeral da provincia de Pontevedra sobre os beneficios das granxas verdes.
Os obxectivos específicos do proxecto son os seguintes:
-
Sensibilizar a gandeiros e poboación en xeral da provincia de Pontevedra sobre como as granxas que proveen alimentos deben ser mais verdes, mais sostibles a nivel económico, ambiental, social e de benestar animal.
-
Fomentar modelos sostibles de produción de alimentos que contribúan ó impulso ecolóxico da sociedade e a economía.
Cantidade Subvencionada: 39.300,00 €
Finalidade: Programa formativo-divulgativo sobre o desenvolvemento de modelos de granxas verdes na provincia de Pontevedra.
ACTIVIDADES
do proxecto
Formación
-
Curso online sobre as boas prácticas nas granxas sostibles
-
Curso online sobre a alfabetización dixital no sector
-
Curso online sobre empresas agrarias sustentables economicamente
-
Curso online sobre benestar animal
Formación
Asesor 5.0
Estableceranse 5 puntos físicos de asesoramento personalizado e individualizado na provincia de Pontevedra e un punto virtual para asesorar e resolver dúbidas relacionadas cas granxas sostibles.
Obxectivos
Granxa EcoVirtual
Sistema de visita virtual a unha granxa verde facendo fincapé nos puntos mais importantes onde hai que facer unha xestión sostible.
Destinatarios
Divulgación
Levaranse a cabo actividades de divulgación ao longo de todo o proxecto, a través de:
-
Publicacións nun blog inverso onde as entradas do blog as realicen gandeiras e gandeiros que usen práctivas respetuosas co medio ambiente nas súas granxas.
-
Publicacións nas RRSS para informar do proxecto en tempo real.
-
Información do proxecto na Web de Ulega.
-
Sms e mailing para publicitar o proxecto e as súas actividades.
Puntos de asesoramento
Obxectivo
Asesorar a poboación da provincia de Pontevedra sobre modelos de granxas sostibles a nivel económico, ambiental, social e de benestar animal de cara a diminuír o impacto que teñen os sistemas gandeiros sobre o medio ambiente.
Metodoloxía
As asesorías serán realizadas por técnicos especializados na materia, de modo individual e personalizado para aqueles interesados que así o soliciten de forma totalmente gratuíta.
Modalidade
Presencial
Nas oficinas de ULEGA da provincia de Pontevedra:
-
A Estrada - Rúa Waldo Álvarez Insua, s/n. Edificio Novo Mercado, 1º.
-
Cambados - Travesía Os Píos, 5-baixo B.
-
Lalín - Rúa Ramón Aller, 67-Baixo Edificio Tirabeque
-
Rodeiro - Estrada Xeral 11-Baixo
-
Silleda – Avda. Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia, 17 Edificio Extensión Agraria