top of page
redes34

O plan de Europa para reducir o impacto ambiental da actividade agrogandeira

A Estrategia De la Granja a la Mesa ou a nova Política Agraria Común teñen unha marcada ambición por impulsar un sector produtor máis eficiente e ambientalmente sostible


O sector agroalimentario ten un impacto considerable no medio ambiente. Aproximadamente un tercio das emisións munidais de gases de efecto Inverandoiro procede dos sistemas alimentarios segundo un informe do Grupo Interguberanmental de Expertos sobre Cambio Climático (GIECC).


A Comisión Europea presentou en maio de 2020 a Estratexia “De la Granja a la Mesa” como unha das iniciativas clave no marco do Pacto Verde Europeo. Co fin de contribuír ao logro da neutralidade climática de aquí a 2050, a Estratexia pretende facer evolucionar o sistema alimentario actual da UE cara un modelo sostible.


Os obxectivos xerais da Estratexia “De la Granja a la Mesa” para unha produción de alimentos sostible son os seguintes:


  • Reducir un 50% o uso e o risco dos plaguicidas químicos e reducir un 50% o uso dos plaguicidas mais perigosos


  • Reducir as perdas de nutrientes ó menos un 50%sen deteriorar a fertilidade do solo, esto reducirá o uso de fertilizantes ó menos un 20%




Eco-reximes e prácticas sostibles na nova PAC


A reformada PAC artella mecanismos para apoiair unha agricultura mais sostible como é o caso dos Eco Réximes, é dicir prácticas de agricultura sostible en funcion de cuxo cumprimento os gandeiros e agricultores recibirán unha parte considerable das axudas da PAC.


A acollida a Eco Réximes (EERR) é voluntaria para o produtor, que decidirá para que parcelas da súa explotación os solicita ou non e baixo que prácticas xustifica a súa realización. Toda a superficie elixible da explotación poderá acollerse a un eco réxime.


As prácticas dos Eco-Regímenes son as seguintes:


  • Rotación de Cultivos con Especies Mellorantes

  • Sembra directa

  • Establecemento de Espazos de Biodiversidade


As prácticas encamiñadas cara unha explotación agrogandeira mais sostible teñen que ver con determinados puntos:


  • Prácticas sostibles relacionadas coa fertilización, produtos fitosanitarios, xestión dos cultivos.

  • Produción integrada, agricultura ecolóxica e agricultura de conservación

  • Infraestruturas de recollida e almacenamento de residuos

  • Aforro e eficiencia enerxética nas instalacións gandeiras


Un exemplo da conxunción entre prácticas sostibles e tecnoloxía é o desenrolo de proxectos como o desenrolo dun sistema de monitorización portátil de nutrientes do solo en tempo real e de baixo coste que lle sirva ao agricultor para facer unha mellor xestión da fertilización do solo.


13 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page