top of page
  • redes34

Sostibilidade económica da granxa: atención a estes factores!

A rendibilidade económica nas explotacións gandeiras está condicionada polo custo das materias primas e insumos: alimentación do gando, combustibles, fertilizantes... E tamén polo prezo das producións gandeiras.


Ante esta situación, unha vez definida a orientación produtiva da granxa para conseguir unha rendibilidade, e polo tanto, unha sostibilidade económica, é necesario manterse atentos e non descoidar ningún aspecto que poida lastar a eficiencia da nosa explotación.


Algúns aspectos de xestión da granxa que nos poden orientar á hora de medir a eficiencia produtiva son:

  • Nutrición: produción e calidade do leite, nutrición de precisión, etc.

  • Sanidade: plan sanitario, taxas de mortalidade e morbilidade, etc.

  • Zootécnica: mellora xenética, taxa de eficiencia reprodutiva, etc.

  • Ambiental: uso eficiente da enerxía, dispositivos de diagnóstico ambiental.

  • Bioseguridade: accións de limpeza e desinfección

  • Man de obra: formación do gandeiro e dos traballadores.



En canto aos indicadores cos que podemos avaliar a sostibilidade económica das explotacións gandeiras, contamos de forma xeral cos que se describen a continuación:

  • Rendibilidade

  • Autonomía e volatibilidade

  • Diversificación e risco

  • Xeración de valor

  • Estrutura de custes

  • Estabilidade

  • Resultados técnicos e zootécnicos

13 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page