Tendo en conta a perspectiva da sostibilidade ambiental nas explotacións gandeiras, xa no ano 2017 a Consellería do Medio Rural participou nun proxecto europeo “Dairy for future”, que buscaba establecer un etiquetado específico da leite que procede de granxas con prácticas eficientes dende o punto de vista ambiental.
Neste proxecto participaron o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), 100 granxas piloto distribuídas polas 10 rexións que participan no proxecto, e 10 de estas explotacións eran galegas.
Seguindo coa liña da sostibilidade ambiental, A interprofesional láctea, no ano 2021, analiza diferentes técnicas para mellorar a sostibilidade ambiental das granxas.
A entidade publicou un estudo sobre distintos métodos para o tratamento e a revalorización das dexeccións do gando.
A Interprofesional Láctea (Inlac) aposta por un estudo de diferentes técnicas que permitan afrontar con garantías os importantes retos que, en materia ambiental, se lles presentará aos produtores de leite a corto e medio prazo.
A entidade publicou un Informe de melloras técnicas dispoñibles para reducir as emisións de amoníaco e gases efecto invernadoiro do sector lácteo en España, onde se analizan diferentes métodos para o tratamento e a revalorización das dexeccións do gando.
Un dos modelos polos que apostan algunhas das explotacións en Galicia neste senso é un modelo rexenerativo e sostible. Este xeito de entender a actividade agrogandeira aposta por un modelo no que a horta e a granxa se retroalimentan, polo que non depende de insumos externos para producir verduras, froitas ou carnes en ecolóxico.
Producir de forma natural e sostible, aproveitando os recursos propios, sen danar o medio e conciliando a vida familiar. Os excedentes de horta cómenos os animais e os animais proporcionan o abono que se necesita para producir na horta. Os animais son alimentados polo propio forraxe que se cultiva na granxa o que permite non sufrir a guerra de Ucrania. Ademais as terras traballadas correctamente axudan a captar CO2, unha das formas de loitar contra o cambio climático.
Σχόλια