Retos e estratexia galega para o lácteo
- redes34
- 19 oct 2023
- 2 Min. de lectura
O sector láteo é estratéxico e de vital importancia para o rural galego, como se reflexa nos seguintes datos:
Existen en Galicia 5.792 explotacións que xeran unha produción de 2,8 toneladas de leite ao ano, arredor do 40 % da produción nacional.
O sector representa o 1,5% do PIB galego e xera máis de 20.000 empregos.
As granxas de leite ocupan máis de 200.000 hectáreas de superficie agraria útil, un 6,8 % do territorio.
Galicia é a primeira comunidade autónoma en produción de leite.
A modernización das infraestruturas e os medios de produción, permitiu aumentar a produtividade e a calidade da materia prima. Sen embargo, o sector tamén afronta dificultades relacionadas coa capacidade de transformación.

Estratexia de Dinamización para o Sector Lácteo da Xunta
No 2020 a Xunta de Galicia aprobou a “Estratexia de Dinamización para o Sector Lácteo Galego 2020-2025”. Este documento, apunta a un novo rumbo cara a sostibilidade e competitividade baseado en 5 eixes clave: produción, industria, mercado, cadea de valor e formación e innovación, sendo os seus obxectivos principais:
Consolidar a Galicia como unha das principais rexións produtoras de Europa
Aumentar a industrialización da leite en Galicia
Apostar pola formación e a I+D+i en conexión coas necesidades do sector
Mellorar o posicionamento e o acceso dos produtos lácteos galegos ós mercados nacional e internacional
Avanzar cara unha produción sostible dende o punto de vista social, ambiental e económico
Avanzar na xeración de valor en todos os eslabóns da cadea reforzando as relacións entre os grupos de interese
Mellorar a imaxe e o recoñecemento social dos gandeiros
Crear mecanismos de relevo xeracional
Contribúe a esta estratexia a aprobación da Ley de recuperación de la tierra agraria y el Plan de Pastos.
Esta estratexia e os instrumentos legais que a complementan constitúen o motor cara un novo paradigma para o sector lácteo galego centrado no produto sostible e da alto valor engadido.
Comments