top of page

PERTE agroalimentario, SIEX, Caderno Dixital... avanzando cara á gandería dixital

redes34


A dixitalización da agricultura pretende deixar de lado os papeis e rexistrar todos os datos informáticamente no caderno de campo.


O Consello de Ministros aprobou o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector agroalimentario para dotar de financiamento e das lñas de actuación necesarias para emprender os cambios medioambientais, dixitais, sociais e económicos.


O EIXO 2 deste PERTE ten que ver coas Medidas concretas para apoiar o proceso de adaptación dixital e esténdese a todos os axentes que forman parte da súa cadea de valor (agricultores e gandeiros e as súas cooperativas, pequenas e medianas empresas de produción, transormación e comercialización).


A implementación do Sistema de Información de explotacións agrícolas e gandeiras (SIEX) vai permitir a simplificación dos trámites que deben cumprir agricultores e gandeiros e unha xestión máis eficiente das explotacións e da PAC.


Segundo o Real Decreto 1054/2022, de 27 de diciembre, polo que se establece e regula o Sistema de información de explotacións agrícolas e gandeiras e da produción agraria, así como o Rexistro autonómico de explotacións agrícolas e o Caderno dixital de explotación agrícola, as administracións públicas deberán poñer a disposición das explotacións os sistemas informáticos do Caderno Dixital de explotación a partir do 1 de xullo de 2023 para a súa utilización voluntaria ata as datas de obrigado cumprimento.



O Caderno Dixital entrará en vigor o 1 de setembro de 2023 para aquelas explotacións agrarias que cumpran algunha das seguintes condicións:


a) Superar algunha das dimensións máximas seguintes, establecida por grupo de cultivo:

  • 30 hectáreas de terra de cultivo

  • 30 hectáreas de pastos permanentes

  • 10 hectáreas de cultivos permanentes

b) Dispoñer de máis de 5 hectáreas de regadío sobre o total da súa superficie agraria

c) Contar con algunha parcela de invernadoiro.


Para o resto de explotacións entrará en vigor o 1 de xullo de 2024.


O contido mínimo do Caderno Dixital da Explotación Agrícola será o seguinte:


1. Datos xerais do cultivo en cada parcela agrícola

2. Tratamentos fitosanitarios

3. Fertilización

4. Outros aspectos que se recollan na respectiva normativa sectorial reguladora da concreta actividade

10 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page