Para afianzar unha cadea agroalimentaria sostible, o sector no seu conxunto ten que afrontar, asumir e adaptarse a toda unha serie de retos, entre os cales se atopa o de dar resposta ás esixencias do consumidor en relación ao consumo alimentario, aspectos como a saúde, a seguridade alimentaria, a calidade dos produtos, o control alimentario, a información sobre os alimentos, a sostibilidade e o benestar animal.
O sector tamén debe adaptarse aos numerosos requisitos normativos de carácter sanitario, medioambiental, sociolaboral e de benestar animal que deben cumprir os agricultores e gandeiros do actual modelo europeo de produción.
A preocupación polo benestar animal evoluiu de tal forma na sociedade actual que hoxe en día considérase un dos pilares da gandería xunto coa sanidade, a sostibilidade e a seguridade alimentaria.
En relación ao benestar animal, aprobouse un paquete normativo de acompañamento para o desenvolvemento da nova Política Agraria Común (PAC) en España que se refire á mellora das condicións de benestar animal nas granxas e ás normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no plan estratéxico.
As novas ferramentas teñen como finalidade mellorar o benestar animal nas granxas e facilitar controis oficiais que leven a cabo as autoridades competentes.
· Créase a mesa nacional de coordinación sobre benestar e protección dos animais e establécese un centro nacional de referencia para o ámbito gandeiro e acícola.
· Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Cataluña (IRTA), en consorcio coa Universidade Autónoma de Barcelona, noméase, por un prazo de dous anos, centro de referencia en benestar animal.
· Modifícanse as normas mínimas para a proteción de porcos, co fin de mellorar as condicións das granxas e o manexo dos animais. En concreto, hai novos valores no relativo a densidade máxima dos animais nas granxas e novas condicións respecto da súa alimentación, auga, comedeiros, etc.
· Esténdese a obriga de dispoñer dun plan de benestar animal a todas as explotacións a partir de certo tamaño.
Comentários