top of page
redes34

Coñeces os requisitos de benestar animal vixentes no noso país?

Na actualidade todos os animais de produción deben criarse baixo unhas normas de benestar animal que establece a lexislación europea. Estas normas son requisitos xerais para todas as explotacións gandeiras e requisitos específicos para tenreiros, polos, galiñas e porcos.


En España o Real Decreto 348/2000 (traspón a Directiva 98/58/CE) establece os requisitos xerais de benestar animal que se deben cumprir en todas as explotacións gandeiras.


Os requisitos que esixe son os seguintes:


  • Os animais serán coidados por un número suficiente de persoal con coñecementos necesarios.


  • Serán inspeccionados unha vez ó día.


  • Todo animal que pareza enfermo ou ferido recibirá inmediatamente o tratamento apropiado e, se non responde a estes coidados, consultarase a un veterinario.


  • Se é necesario, os animais enfermos ou feridos illaranse.


  • Non se limitará a liberdade de movementos.


  • Os materiais das instalacións non serán prexudiciais para os animais.


  • A circulación do aire, o nivel de po, a temperatura, a humidade relativa de aire e a concentración de gases será adecuada.


  • Non se manterá en escuridade permanente nin estarán expostos sen unha interrupción adecuada á luz artificial.


  • O gando mantido o aire libre protexerase das inclemencias do tempo e dos depredadores.


  • Os equipos indispensables para os animais inspeccionaranse ó menos unha vez ó día.


  • Cando os animais dependan dun sistema de ventilación artificial, deberá preverse un sistema de emerxencia apropiado.


  • Todos os animais deberán ter acceso aos alimentos a intervalos adecuados.


  • Non se administrarán substancias, a excepción das administradas con fins terapéuticos ou profilácticos ou para tratamento zootécnico.



Os requisitos específicos para o vacún teñen que ver cos recintos individuais, as ataduras, o costro, o espazo, as inspeccións e a comida.




Os requisitos específicos para o porcino teñen que ver co ruído, a luz, o alimento e a prohibición de mutilacións.




Os requisitos que teñen que ver co sector avícola falan do número de inspeccións, do nivel de ruído, a is luminación, acaracterísticas dos locais e equipos ou prohibición de mutilacións.


É necesario lembrar que, ademais do benestar na propia explotación, as directrices de benestar animal tamén fan referencia ao benestar durante transporte e na matanza.

9 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


bottom of page