top of page
redes34

Coñeces as normativas sobre benestar animal vixentes?



Garantir o benestar animal é unha obriga para todas as explotacións agrogandeiras galegas, españolas e europeas. E de marcas as pautas de funcionamento para elas e para o conxunto da cadea agroalimentaria encárganse diversas directrices de ámbito estatal e comunitario. Coñécelas?


En 2020 Bruxelas deu luz verde á Estratexia “De la Granja a la Mesa” enfocada nos sectores de ovos, polos, porcino e vacún: dende a crianza nas granxas ata o sacrificio, pasando polo transporte. Todo elo encamiñado a:


- Eliminar o uso de gaiolas na cría de animais

- Impulsar a cría en espazos abertos

- Aumentar o espazo por animal no caso de estar estabulado na granxa,

- Aumentar os niveis de formación dos traballadores

- Reducir o número de animais no transporte

- O tempo de viaxe sen descanso.


Todas as explotacións gandeiras deben cumprir ademais coa normativa xeral básica en materia de benestar dos animais en granxas, establecida no Real Decreto 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións.


O Real Decreto é aplicable a todas as granxas de animais vertebrados, criados ou mantidos para a produción de alimentos, lá, coiro, peles ou con outros fins agrarios.



En particular, o Real Decreto publicado modifica varias normas en materia protección dos animais nas granxas, así como de información da cadea alimentaria e sobre o sacrificio de urxencia na explotación. Tamén modifica varias normas en vigor en materia de transporte de animais e de sacrificio. Así como as normas mínimas para a protección de porcos, co fin de mellorar as condicións das granxas e o manexo dos animais, para o que se establecen requisitos mais específicos que os actuais, e adaptados ó actual coñecemento científico.


En concreto hai novos valores no relativo á densidade máxima de animais nas granxas, e novas condicións respecto da súa alimentación, auga, comedeiros, condicións ambientais das mesmas e a dispoñibilidade para os animais de material manipulable. O fin último é diminuír a necesidade de practicar o corte de colas dos porcos. As granxas xa existentes disporán de dous anos para realizar as adaptacións necesarias.


Real Decreto 159/2023, de 7 de marzo, polo que se establecen disposiciónss para a aplicación en España da normativa da Unión Europea sobre controis oficiais en materia de benestar animal, e se modifican varios reales decretos. Establece os seguintes requerimentos:

  • Plan de benestar animal: O veterinario da explotación será o encargado de elaborar un Plan de Benestar Animal adaptado a cada granxa, co que se estende o uso desta ferramenta que xa existe nas granxas de porcino intensivo e de avicultura a partir de certo tamaño de granxa. Os titulares das granxas disporán de 4 anos para dispoñer de dito plan.

  • Se a idade do destete supera os dous meses, non poderá realizarse en boxes individuais.

  • Rexistro de baixas e causas das mesmas.

  • Desígnase como centro nacional de referencia para o ámbito gandeiro e acuícola o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Cataluña (IRTA), en consorcio coa Universidade Autónoma de Barcelona, por un periodo de dous anos.

10 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page