top of page
  • redes34

Beneficios Económicos da Cría Libre: Sostibilidade e Prosperidade nas Granxas Modernas




Unha das claves para a conciliación das granxas modernas ca responsabilidade social e o benestar animal son os sistema de cría libre do gando (free-range farming), a cara oposta a cría intensiva tradicional. Pero o que moita xente non sabe, e que este método de cría tamén pode traer beneficios económicos para o gandeiro. Algúns destes beneficios económicos poden ser:


BENEFICIOS ECONÓMICOS DIRECTOS

A cría libre do gando xera beneficios directos para o produtor a través de:


  • Redución de costos de produción: A cría libre no gando permite un aforro potencial ao reducir ou eliminar por completo a alimentación do gando a través de penso procesado, xa que o gando nestes casos alimentase de pasteiros naturais.

 

  • Maior calidade dos produtos: Os produtos procedentes da cría libre soen ter unha maior calidade os consumidores téñenos en maior estima.


  • Aproveitamento eficiente dos recursos: O uso de terras para pastoreo pode ser máis eficiente, especialmente se sé integran con outras prácticas agrícolas sostibles como a rotación de cultivos

 

  • Resiliencia económica: Ao reducir o uso de produtos externos, tales como os pensos procesados, permite unha independencia maior do mercado global, véndose menos afectado polas flutuacións nos prezos.


BENEFICIOS ECONÓMICO-SOCIAIS

Como a cría libre de gando e máis sostible medioambientamente e é unha práctica más concienciada co benestar animal. Isto permite a venta de produtos do estilo orgánico, artesanais e de alta gama en mercados locais e gourmet, apoiado na cada vez maior concienciación dos consumidores co benestar animal e a sostenibilidade ambiental.

Por outro lado, un manexo holístico dos pastos mellorar a saúde do solo e aumentan a biodiversidade da zona, o que tamén abre a posibilidade a práctica do turismo rural, cada vez máis en auxe, atraídos pola busca de experiencias auténticas e únicas. Ademais, este modelo de cría favorece a creación de traballo e mercado local, fomentando o consumo de produtos frescos e favorecendo unha economía circular.


BENEFICIOS ECONÓMICOS A LARGO PRAZO

A cría libre contribúe a unha sostenibilidade económica a largo termo, debido a un bo uso do solo que permite preservar, a fertilidade e a reducir os custos nos desgastes dos recursos, de xeito que as granxas poden manter unha produción constante sen incorrer en gastos derivados da restauración do terreo e na compra de alimentos externos.

2 visualizaciones0 comentarios

ความคิดเห็น


bottom of page